Mércores, 7 de xullo, 2021 | 20:30 | Sala Mozart | Auditorio de Galicia | ENTRADAS
Un método vulnerable é orgánico porque se ve influenciado por procesos circunstanciais. As ferramentas empregadas no proxecto actúan como catalizadores dos erros de proceso, xirando ao redor do risco e a imperfección.
O espolio sistemático das ideas e a necesidade aditiva por eses motivos externos, conxugan unha hipérbole. A súa existencia abrolla do ir e vir constante, entre a realidade e a ficción, entre o analóxico e o dixital.
Nestas conversas improvisadas, a afirmación e a negación corrixiranse mutuamente e reinterpretaranse collendo forma a través da acción.
A desinformación e o descoñecemento son unha opción real. O latexo perpetuo do misterio da razón é o seu asincopado contrapunto.