Juan Pardo XXI

INICIACIÓN PRÁCTICA Á ELECTRÓNICA DE GUERRILLA | Juan Pardo XXI

Mércores 11 de agosto | 2021 | Sala de Exposicións | Auditorio de Galicia | Reserva de praza vía mail a info.colapso@gmail.com

Juan Pardo XXI é afeccionado a construír os seus propios cacharriños cos que facer ou procesar música. Seguramente leve máis de 100 proxectos feitos e aínda non sabe cal é o cátodo e cal o ánodo nun díodo… o que nos demostra que, habendo gana de fozar, non hai límites (ou tamén que o medo é libre).

O obradoiro está enfocado a xente que teña un estañador e interese na construción de proxectos de síntese primitiva. A aproximación é 100% práctica e dende o punto de vista dunha persoa sen ningún coñecemento de electrónica. O proxecto será unha “serea dub”, un oscilador básico e bo de facer para calquera persoa que estea empezando.

* ACCIONS SONORAS COLECTIVAS E ESCOITAS DISPERSAS *
Scroll Up