Venres, 13 de agosto, 2021 | 18:30 | Sala Mozart | Auditorio de Galicia | ENTRADAS
Yago Portela adéntranos no universo sonoro da tradición familiar e a súa relación co son, que se manifestou a través de diferentes enxeños deseñados para a captación e reprodución sonora que marcan un fito na historia tecnolóxica e musical de Galicia, como é o caso do Organsound.
Este altofalante ten unhas características acústicas inusitadas e aínda hoxe se pode escoitar o modelo orixinal na tenda Yago Portela, fillo de Juan Portela, en Santiago de Compostela, quen o describe da seguinte maneira: “O Organsound é un altofalante que consegue a separación total dos sons, tanto a un volume extremadamente baixo como altísimo, xerando unha sensación envolvente e orquestral na que non se perden harmónicos nin se introducen ruídos. En liñas xerais, á vista, é unha caixa con tubos. Pero cada tubo ten unha dimensión que se corresponde cun rango de frecuencia. É coma se cada unha desas frecuencias atopase un camiño axeitado para expandirse”.