Xoves, 29 de agosto, 2021 | 20:30 | Sala Mozart | Auditorio de Galicia | ENTRADAS
NZUMBE
“[Prado] retórcerse entre as infeccións, a crueldade e o abismo”. – Tiny Mix Tapes
Para o seu proxecto de Nzʉmbe, Miguel Prado (conceptualista e músico galego afincado en Bristol) escribe cancións inusuais, dramáticas e moi a miúdo románticas que afondan en sentimentos de desencanto, afecto e humillación. Construído sobre un leito musical de electrónica e fragmentos instrumentais, as súas gravacións impulsan o son da voz incorpórea, espida no illamento, a vulnerabilidade e a exposición. Actualmente tamén é parte da banda HARRGA con Dali De Saint Paul, forma parte do colectivo Avon Terror Corps e co-presenta o podcast Social Discipline con Mattin.
LCTRCT
Dende os seus inicios como co-fundador do Electrocute Zine a principios de século, obsesionado polo vinilo como fonte de son, Pablo comezou as súas sesións en forma de atrevidos soundscapes caracterizados polo ruidismo, o afterpunk e a música experimental. Acuñou o concepto de “antiparty” exercendo de mestre de cerimonias en audicións performáticas cargadas de provocación onde se deixaba intuír a súa atracción por Merzbow, Hijokaidan e outros exemplos de música extrema. No 2007 afincouse en Berlín, onde, ademáis de atopar novos estímulos na práctica da improvisación libre, amplía a súa paleta sonora cara a novos territorios, rompendo fronteiras, reinterpretando a fusión multicultural na súa faceta como picadiscos e descubrindo que os patróns rítmicos de África están en todas partes, impresos en cor vermella profunda.
ELISA ARTETA
Elisa Arteta é coreógrafa e co-directora do Centro Huarte.
Estuda o corpo desde diferentes perspectivas: parte da percepción e os afectos, pero tamén tenta comprender de que modo o contexto social, económico e político atravesa os nosos corpos. Investiga, entón, desde, para e co corpo, encarnando os pensamentos e analizando as sensacións.