Novasoyuz

NOVASOYUZ

Mércores 14 de xullo, 2021 | 20:30 | Sala Mozart | Auditorio de Galicia | ENTRADAS

Unha sesión de improvisación visual e sonora na que unha colección de rexistros sonoros son manipulados por LCTRCT (Dj) aos pratos, fundíndose coas densidades textuais electrónicas nas mans de CHE GARRIDO (síntese modular) e cos bordóns de XISELR artellados partindo dun sistema de dispositivos electrónicos DIY. Un universo audible que se expande cara ao visual a través dos procedementos máis experimentais do live cinema analóxico elaborados por M8 (Cris Lores, Belén Veleiro e Lúa Sálamo), conformando unha caleidoscópica proposta na que imaxe e son, son e imaxe, interactúan proporcionando unha experiencia netamente sensorial e inmersiva.

* ACCIONS SONORAS COLECTIVAS E ESCOITAS DISPERSAS *
Scroll Up