Venres, 13 de agosto, 2021 | 12:30 | Sala Mozart | Auditorio de Galicia | ENTRADAS
Un mundo analóxico pautado pola frecuencia de cada ciclo.
A alta fidelidade como pureza musical. O seu estudo, en perpetuo desenvolvemento, a través da acústica e a electrónica.
O gusto polo bo son e a boa música, lévano a deseñar e a construír recintos acústicos -altofalantes- exponenciais, a investigar compoñentes electrónicos e de calibrado de equipos hi-fi en colaboración con Javier de Santiago e Jaume Figueras.
A diferenza dos equipos dixitais de transistores, o uso de elementos artesanais nos sistemas de válvulas, favorece a percepción do son.
Condensadores, resistencias, potenciómetros, transformadores, fan posible que os circuítos sexan moito máis curtos e que o sinal sufra menos perdas.
Artesanía, sinxeleza e paixón dos 20 aos 20000 hertzs.