Les Niñes de la Cerca

LES NIÑES DE LA CERCA | Ediciones Capablanca

Martes, 20 de xullo, 2021 | 20:30 | Sala de Exposicións | Auditorio de Galicia | ENTRADAS

Derivás é un disco que aínda non existe.  Derivás foi improvisado por un cuarto da metade do medio Berlín que importa, ocultistas en residencia, cante  hindú que se entoa só a través de impulsos electromagnéticos, frecuencias  moduladas, artistas que pintan con po e pedras, pequenos nenes sabios, unha lúa chea, e unha  jacaranda que lla levou o vento durante o longo exilio do inverno de 2020 nunha cerca murciana de influencia  bereber, con menos gatos que laranxas e máis trasno que limóns prateados. Edicións  Capablanca comprácese en presentar a Les Niñes de la Cerca e o seu debut discográfico (que non existe),  Derivás, un  psicoxeografitti  que fixo meditar ao diaño en todas as súas formas.

* ACCIONS SONORAS COLECTIVAS E ESCOITAS DISPERSAS *
Scroll Up