Capablanca

CAPABLANCA

Mércores, 21 de xullo, 2021 | 20:30 | Sala Mozart | Auditorio de Galicia | ENTRADAS

Capablanca é un artista multidisciplinar que traballa con colaxes visuais e sonoras,  apropiacionismo e situacións. As súas sesións, producións e directos (en solitario, ou xunto a Marc  Piñol como  C. P.I.) reflicten unha enerxía particular, fusionando estilos aparentemente dispares que xeran dinámicas sorprendentes. Este rexeitamento frontal ao  reducionismo  estilístico vese tamén perfectamente reflectido en Discos  Capablanca, o seu selo discográfico enfocado ao son de club máis oblicuo que foi fogar para unha boa fornada do underground electrónico, publicando  EPs de artistas do talle de  Traxx, Ron  Morelli,  Willie  Burns, Sharif  Laffrey,  Odopt, e apoiando outros nomes máis noveis ou  obscuros, pero igualmente interesantes (YPY,  Scott Young,  Food  Pyramid…)

En 2018  Capablanca  autoedita o primeiro capítulo da súa triloxía ‘Lap  Top  Less Dance’, un experimento en clave  DIY que incorpora elementos da música industrial, disco,  techno,  noise, e todo tipo de posibilidades  psicodélicas. Esta triloxía péchase en 2020 con ‘ Top  Top  Top  Top’ distribuído da man de  Rush  Hour. O mesmo ano lanza Edicións  Capablanca, a través da cal edita  fanzines, casetes e outros experimentos de libre formato.

lap-top-less-dance

* ACCIONS SONORAS COLECTIVAS E ESCOITAS DISPERSAS *
Scroll Up