Neste roteiro achegarémonos ao río Sarela e á súa importancia no desenvolvemento urbano e patrimonial. Prestarase especial atención a cuestións como a fauna relacionada co río e a ripisilva, a riqueza botánica e a pegada das carballeiras no patrimonio etnográfico galego. Así mesmo, coñeceremos a historia das pontes, as curtidoiras e a importancia desta corrente de auga no desenvolvemento industrial de Compostela grazas ao uso de muíños fariñentos, o curtido e a fabricación de papel, así como outras cuestións relativas ao impacto dos lavadoiros na mellora da calidade de vida das familias e o fenómeno xacobeo do Camiño de Fisterra.
A actividade completarase con intervencións por parte de membrxs de Colapso Colectivo para reparar nos seus ritmos e paisaxes sonoras.