Avon Terror Corps

AVON TERROR CORPS

Martes, 10 de agosto, 2021 | 19:00 | Sala Circular | Auditorio de Galicia | ENTRADAS

Avon Terror Corps é un colectivo con sede en Bristol que reúne algunhas das persoas e selos máis feroces e arriscados da cidade, contando con Giant  Swan, Bokeh Versions, ex alumnos de Noods Radio, Slack Alice, Burden  Imprint e SCHWET entre os seus membros. As súas influencias chave son “visións medievais do futuro, Gronk, Westworld (Brynner not Hopkins) Super  Mare, cicatrices industriais gravadas no horizonte, a psicoxeografía de  Castlemead, o legado do shoegaze, a lenda de Goram e Vincent, a destrución total do ‘club  deconstruído’ “. Berlín Atonal acolleu en 2019 unha showcase que incluíu a Harrga, Bad  Tracking e Avon Terror Corps DJs.

Avon Terror Corps é un equipo de 21 colaboradores, orixinarios de diferentes partes do mundo, pero establecidos en Avon. Tocando de todo, desde ruído salvaxe ata un ambient sutil cun gran enfoque na colaboración dentro do grupo.

avonterrorcorps.bandcamp.com

* ACCIONS SONORAS COLECTIVAS E ESCOITAS DISPERSAS *
Scroll Up