UMBRAFONO | Enrique del Castillo + Cris Lores

UMBRAFONO | Enrique del Castillo + M8

Xoves, 15 de xullo, 2021 | 22:30 | Parque Vista Alegre | ENTRADAS

Umbráfono é un proxecto de Enrique del Castillo (Xaén, 1982). Unha performance con tres lectores ópticos capaces de transformar en son os estímulos luminosos que se proxectan sobre unha célula  fotosensible.

Estes estímulos luminosos son xerados por un feixe de luz ao pasar a través de películas de celuloide.

As películas están deseñadas a partir dun esquema de relación entre frecuencia de onda das notas e repetición de formas xeométricas, de xeito que se poidan conseguir sons harmónicos, ruídos, texturas sonoras e atmosferas.

A contrapartida visual desta sesión estará a cargo de Cris Lores, quen comezou a facer cine a finais da década de 1980 cunha cámara de Súper 8 e cunha Hi8. En Londres aprende o método de traballo de Aketza Barkoff, moi coñecido en Rusia como cineasta cinético e fundador a finais dos anos 60 da produtora Navka Filmes, que produciu centos de filmes na fronteira entre o experimentalismo cinético e o documental estático. Cris Lores tamén se formou como proxeccionista de cine. Leva desde antes do cambio de milenio proxectando películas no Cineclube de Pontevedra, feito que mudou a súa concepción do cine como espectador e como manipulador e creador. Ten traballado en case todos os formatos cinematográficos: 8mm, súper 8, 9,5mm, 16mm, 35mm e 70mm; e tamén, en colaboración con Belén Veleiro, no ámbito do cinema expandido.

Phonoptic readers POW

Cris Lores

* ACCIONS SONORAS COLECTIVAS E ESCOITAS DISPERSAS *
Scroll Up