Sábado, 14 de agosto, 2021 | 20:30 | Sala Mozart | Auditorio de Galicia | ENTRADAS
Tropa Macaca son André Abel e Joana da Conceição, con base en Lisboa. Cren que a súa música poética ten o seu propio ser, o seu propio dinamismo. Provén dunha ontoloxía directa e a través dela maniféstanse forzas que transcenden o racional. Cualificados como creadores de “música verdadeiramente misteriosa feita para e por xente aventureira e vibrante” (Daniel Lopatin) ou mestres de “esculturas tekno pechadas e que cambian de forma” ( Low Company). As súas gravacións foron publicadas por selos como Siltbreeze, Software e The Trilogy Tapes, ademais de autoeditados. Actuaron en Brasil, Europa e Reino Unido, e presentaron propostas estéticas orixinais en espazos como Passos Manuel, Lux Fráxil, MNAC, Serralves, Cafe Oto, Fylkingen, Mambo, Salon des Amateurs e na MK Gallery.