Martes, 27 de julio, 2021 | 20:30 | Sala Circular | Auditorio de Galicia | ENTRADAS
Sonoscopia é unha asociación para a creación, produción e promoción de proxectos artísticos e educativos, centrada nas áreas da música experimental, na pescuda sonora e nos seus cruzamentos transdisciplinares. Desde a súa creación, en 2011, produciu máis de 600 eventos, creacións artísticas, actividades pedagóxicas e publicacións. Estivo presente en cerca de 20 países europeos, en xeografías tan distantes como os Estados Unidos, Líbano, Xapón, Tunes ou os Emiratos Árabes Unidos. Entre as súas creacións destacan os proxectos Phonambient, INsono, Phobos – Orquestra Robótica Disfuncional e Phonopticon. En Portugal, Sonoscopia é colaboradora de entidades como a Fábrica das Artes/ CCB, o Teatro Nacional São João, a Fundação de Serralves, o Cine‑Teatro Louletano, o GNRation e o Teatro de Ferro.