Martes, 3 de agosto, 2021 | 21:00 | Parque de Vista Alegre | Finca Simeón | ENTRADAS
Na natureza existen múltiples animais instrumentistas, entre eles os insectos, que fan das súas melodías unha forma de comunicación.
Quen non recoñece o familiar cri-cri dos grilos nas noites de verán? Ademais dos grilos, moitos outros bichiños emiten sons característicos usando diferentes partes do seu corpo, podéndoos comparar con músicos dunha banda. Así, temos os percusionistas, que usan timbais e caixas de resonancia, os de instrumentos de corda, chamados estridulantes, e os de ventos, que emiten sons coa entrada e saída de aire do seu corpo. Outros acompañan coa súa danza aérea zumbando no aire.
Durante esta actividade escoitaremos as sinfonías dalgúns destes insectos e pescudaremos quen son e como, e para que, as reproducen, incluso usaremos algún instrumento caseiro para tratar de imitalos. Atraeremos algúns deles para poder observar de cerca a súa beleza e peculiares movementos.