Luciernagas

VAGALUMES, BICHOS E OUTROS SERES | Fernando Godoy

Martes, 13 de xullo, 2021 | 21:00 | Sala de Exposicións | Auditorio de Galicia | ENTRADAS

Vagalumes, bichos e outros seres é unha instalación efémera e performativa baseada na luz e son analóxico. A partir da reutilización e hackeo de pequenos motores e ventiladores de computador, a obra baséase na produción de dispositivos kinéticos autónomos que, activados, producen luz e son. Utilizando unha comunidade destes dispositivos a acción realízase nun espazo escuro, onde os aparellos son despregados na superficie do chan, como tamén desde distintas posicións e alturas do teito. Así, a acción intervén paulatinamente o espazo con fenómenos lumínicos e sonoros derivados do movemento mecánico, para simular unha sorte de ecosistema artificial.

Fernando Godoy é artista sonoro e xestor radicado en Valparaíso. O seu traballo está enfocado na investigación do son e a escoita como experiencia e fenómeno social. Traballou como director do Festival Tsonami por máis de dez anos. Como artista produciu obras radiais, instalacións sonoras, composicións experimentais, performances sonoras e proxectos web, presentándose en Chile, Perú, Canadá, Colombia, Estonia, Italia, Australia, Grecia e Alemaña. Actualmente é director do Festival de Arte Sonoro Tsonami, director de B.A.S.E Tsonami centro de artes sonoras, co-curador de Sala BASE galería de artes sonoras, co-editor da Revista de Arte Sonoro e Cultura AURAL, director artístico de Radio Tsonami, editor do selo Tsonami Records e a plataforma Audiomapa.

youtu.be/v9VAbkB8DcU?t=295

* ACCIONS SONORAS COLECTIVAS E ESCOITAS DISPERSAS *
Scroll Up