EP64

EP/64

Xoves, 12 de agosto, 2021 | 20:30 | Parking subterraneo | Auditorio de Galicia | ENTRADAS

EP/64 é un sutil combo de improvisación salvaxe, con xeometría variable, formado pola crúa vocalista Dali de Saint Paul (Harrga / Viridian  Ensemble). The Ephemeral Project/64 está destinado a cesar despois de 64 presentacións e ese é o único plan que adoptaron ata o de agora.

O combo (a maioría das veces, trío) mergúllase libremente nas interaccións entre os seus elementos dirixindo así a enerxía da música e evolucionando entre xéneros ás veces rodeados de imaxes creadas por artistas locais. Destacados por Supernormal Festival,  Raw  Power, Astral Festival Bristol, actuando en Café Oto (Londres), abrindo para Keiji Haino & Charles  Hayward ou Phew en The  Exchange  Bristol. Preto de 40 músicos e artistas visuais de diferentes escenas participaron neste proxecto creando rituais únicos que celebran a unión e o poder da improvisación.

O efémero proxecto apuntaba ao cese despois de 64 presentacións en vivo, cada unha delas gravada para celebrar a maxia do efémero. Ata o momento, actuaron 57 veces.

ephemeralproject64.com

ep64.bandcamp.com

www.facebook.com/ephemeralproject64

twitter.com/ep64music

* ACCIONS SONORAS COLECTIVAS E ESCOITAS DISPERSAS *
Scroll Up