Disposofonias

DISPOSOFONIAS | Henrique Fernandes + Gustavo Costa + Rodrigo Araya

Luns 26 – xoves 29 de xullo, 2021 | 21:00 | Sala de Exposicións | Auditorio de Galicia | ENTRADAS

Disposofonias é un obradoiro de investigación sonora desenvolvido por Sonoscopia en colaboración co artista Rodrigo Araya a partir da experimentación con diferentes obxectos cotiáns que cobran vida a través da interacción e a performance.

Henrique Fernandes iniciou os seus estudos musicais no ano 1992 na Escola Profissional e Artística do Vale do Ave, na clase de contrabaixo do Prof. Alexander Samardjiev, tendo concluído en 2005 o curso superior de música, na especialidade de Contrabaixo na Escola Superior de Música e Artes do espectáculo do Porto, na clase do Prof. Florian Petzborn. Paralelamente ao universo da música erudita, integra diversos proxectos da  música experimental, tales como: Mécanosphère, Lost Gorbachevs, Two white monsters around a round table, Sektor 304, Stealing Orquestra,estilhaços, radial chao opera,  Srosh ensemble, Space ensemble, entre outros. Tocou con Damo Suzuki, Steve Mackay, John Zorn Cobra (dirixido por John Zorn), Três Tristes Tigres, Mark Stewart, Alfred Harth, Fritz Hauser, Adolfo Luxúria Canibal, entre moitos outros. Tocou regularmente por toda Europa. 
Nos últimos anos desenvolveu algún traballo na construción de instrumentos musicais e obxectos sonoros que utiliza en diversos proxectos musicais ou obradoiros na área da creatividade musical.

Gustavo Costa iniciou os seus estudos musicais en 1989 na Escola de Jazz do Porto. En 1998 concluíu o curso de percusión na Escola Profissional de Música de Espinho, baixo orientación de Miguel Bernat. En 2002 concluíu a licenciatura en Produción e Tecnoloxías da Música, na Escola Superior de Música e das Artes do Espectáculo, no Porto. Estudou batería no Drumtech Music Institute, en Londres e Sonoloxía no Conservatorio Real da Haia cos profesores Konrad Boehmer e Clarence Barlow. En 2010 termina o mestrado en Composición e Teoría Musical na Escola Superior de Música e das Artes do Espectáculo, no Porto, onde estudou cos profesores Dimitris Andrikopoulus e Frederick Gifford, asistindo a seminarios de composición con Jonathan Harvey e Kaija Saariaho. Como músico e compositor participou en numerosos proxectos musicais nas áreas do rock underground, música improvisada e electroacústica. Tocou con Damo Suzuki, Steve Mackay, Jamie Saft, John Zorn´s Cobra (dirixido por John Zorn), Barbez, Três Tristes Tigres, Mark Stewart, Bruce Geduldig, Alfred Harth, Margareth Kammerer, Martin Brandlmeyer, Raz Mesinai, Massimo Pupilo, Helge Hinteregger, Xavier Charles ou Adolfo Luxúria Canibal, entre moitos outros. Tocou en 19 países europeos,  Estados Unidos, Líbano e Xapón, tendo o seu traballo editado en varias editoriais discográficas. Obtivo tamén o 1º premio no concurso de composición electroacústica Música Viva 2000, promovido pola Miso Music. Foi profesor asistente no curso de Música Electrónica e Produción Musical, na Escola Superior de Artes Aplicadas, en Castelo Branco, e no curso de composición da Escola Superior de Música do Porto. Actualmente asiste ao programa doutoral en Medios Dixitais na FEUP, Porto, onde é bolseiro pola Fundação de Ciência e Tecnologia.

Os traballos de Rodrigo Araya céntranse en producir interaccións entre obxectos, signos e códigos, para observar a súa influencia psicolóxica e física como mecanismos de regulación e disciplina. A través de montaxes, instalacións e performances, desenvolve metodoloxías e sistemas de coñecemento que permiten comprender e compartir ideas sobre a realidade material e as subordinacións ligadas ao comportamento humano. Normalmente os seus proxectos caracterízanse por unha estética que entrelaza diferentes elementos e disciplinas, porque lle interesa máis as relacións entre as cousas elas mesmas illadas. Por este motivo, pódese dicir que unha das principais preocupacións do seu traballo é a forma en que se modela culturalmente e limita a capacidade de percepción e representación.

vimeo.com/sonoscopia

vimeo.com/63829220

* ACCIONS SONORAS COLECTIVAS E ESCOITAS DISPERSAS *
Scroll Up