Coloides

COLOIDES | Rodrigo Araya

Martes, 13 de xullo, 2021 | 21:00 | Sala de Exposicións | Auditorio de Galicia | ENTRADAS

Coloides é unha obra performática, instalativa e audio-visual centrada na exploración dos fenómenos de causa e efecto que relacionan o son, a luz e diferentes fenómenos físicos e materiais.

Coloides desenvólvese mediante montaxes espaciais con obxectos de uso común e distintos dispositivos electrónicos convencionais, os cales, sometidos a operacións simples e manipulacións pouco ortodoxas, manifestan calidades físicas e anímicas. A relación activa entre o corpo, os obxectos e os dispositivos electrónicos despregados na performance busca propor novas condutas e interaccións coa realidade material, nun intento por entender o impacto destas relacións no comportamento humano.  A duración e desenvolvemento de cada performance involucra a arquitectura do lugar e o espectador como factores decisivos, despregando unha variedade de sons, reaccións e intensidades lumínicas que se modifican causalmente e que alentan ao espectador a explorar as partes constituíntes da instalación.

Os traballos de Rodrigo Araya desenvólvense nos límites das artes visuais, as artes auditivas e a performance. Mediante presentacións pensadas para espazos exteriores e interiores, explora diferentes relacións espaciais físicas e obxectuais que inciden sobre a percepción e a conduta humana.

As súas obras, xeralmente temporais e para lugares específicos, utilizan obxectos domésticos encontrados, os cales transforman a súa familiaridade diaria en espectáculos inesperados que transcenden os seus valores simbólicos e utilitarios. Estes traballos toman forma en instalacións, montaxes e performances, contornos dinámicos que combinan estruturas arquitectónicas, sonoras e lumínicas.

Traballando activamente dentro e fóra de Chile, as súas propostas mostráronse en distintos circuítos artísticos intermediais, encontros e festivais experimentais, exposicións, traballos editioriais, selos discográficos e outras formas de creación de coñecemento.

vimeo.com/63829220

* ACCIONS SONORAS COLECTIVAS E ESCOITAS DISPERSAS *
Scroll Up