Mércores, 11 de agosto, 2021 | 20:30 | Sala Mozart | Auditorio de Galicia | ENTRADAS
Ben Vince é un compositor e intérprete sorprendente, coñecido polas súas exploracións de saxofón improvisado en vivo e as súas técnicas inventivas para crear novos ritmos, texturas, espazos e ambientes. A través de gravacións sonoras, manipulación de son, reprocesamento e loops, xa sexa no estudo ou no escenario, o seu enfoque espontáneo pero intuitivo e a súa natureza colaborativa, superan as aparentes limitacións do seu instrumento principal. Despois de traballar para a promotora e selo discográfico Nonclassical, agora é un músico destacado entre unha nova xeración de artistas experimentais: tocando en solitario, con EP/64, co enigmático Coby Sey ou con Jacob Samuel, e agora establecido como o quinto membro da banda post-punk Housewives.
Vince tamén ten colaboracións de estudo notables co produtor electrónico Joy Ou; a artista e compositora pop experimental nomeada ao Óscar, Micachu, tamén coñecida como Mica Levi; e moitos outros grandes nomes na esfera experimental, incluídos Valentina Magaletti, Visionist e Gigi Masin. Capaz de escoitar con atención e ser receptivo aos seus colaboradores e á enerxía dos seus espazos de actuación, ademais de lanzar 5 álbums en solitario en 3 anos, Ben é un artista excepcional e exemplo dunha nova onda de músicos xurdida en Londres.