Æthereal Arthropod

ÆTHEREAL ARTHROPOD

Xoves, 22 de xullo, 2021 | 19:30 |  Parking Subterraneo | Auditorio de Galicia | ENTRADAS

Æthereal  Arthropod é  Nestor  Peixoto Abale, un produtor musical nado en Galicia. O seu enfoque de composición baséase na superposición metódica da improvisación controlada, inspirada no método científico; descubrindo novas fórmulas de estrutura mediante a observación coidadosa de patróns e a súa fusión. Unha oda crúa aos paralelismos das estruturas mecánicas e biolóxicas, explorando onde poden cruzarse estes reinos. As disposicións exoesqueléticas abarcan movementos rítmicos  segmentados e apéndices articulados que se estenden en diversas anatomías  tonais e  texturais, mudando periodicamente nunha metamorfose perpetua. A constitución colonial ou de “enxame”  mimetízase en bombardeos de entoacións ornamentadas e dixitalizadas.

Mestura de atmosferas  ennegrecidas, ruído maléfico, bombos acelerados, composicións en capas (e impresionantes obras de arte cgi) dispostas para convocar a criaturas reptantes polas profundidades dun inferno dixital. Un “pesadelo  invertebrado”, por dicilo coas propias palabras de Nestor Peixoto Abale: unha tola mestura de música caótica (pero evocadora) e momentos noxentos (pero moi enerxéticos), todo iso envolto nun sádico sentido do humor que se apoia nunha forte imaxinería de malvados  invertebrados axexando na súa infinita e imperecedoira perfección orgánica.

Æthereal  Arthropod: “rede espiral  ov æthernal data; cadeas de fibra de  alfa-chitina dentro dunha matriz de proteínas  sedosas e  globulares”.

aetherealarthropod.bandcamp.com/

www.facebook.com/aetherealarthropod

* ACCIONS SONORAS COLECTIVAS E ESCOITAS DISPERSAS *
Scroll Up